Fernando Suarez Barcia. Alcalde de Ribadeo


O Concello de Ribadeo quere ser un concello aberto, próximo ao día a día de todos os veciños e veciñas e tamén moderno e eficaz.

Na miña condición de Alcalde tento sempre non esquecer que a atención e proximidade para cos cidadáns e a humildade e compromiso no traballo que me corresponde deben ser os pilares da nosa labor política á fronte do Concello. O equipo de goberno de Ribadeo traballa con paixón e constancia pola mellora do benestar social da nosa veciñanza e polo progreso social, cultural e económico do noso concello. Temos todo para seguir construíndo unha cidade máis solidaria, máis emprendedora, máis igualitaria e con maior calidade de vida. Acadalo é cousa de todos e cada un dos veciños e veciñas.

Ribadeo ten hoxe en día a posibilidade de medrar e converterse nunha pequena cidade que faga da conciliación do progreso económico e o benestar social a súa marca de calidade, a súa identidade como concello. Queremos un Ribadeo aberto, habitábel e humano, onde as persoas sexan o máis importante.

Desde aqui vos mando o meu máis cordial saúdo.

Fernando Suárez Barcia
Alcalde de Ribadeo