Concello de Ribadeo


Imprimir Enviar

Novas

SUÁREZ INSISTE EN QUE ESTÁN APROBADOS DEFINITIVAMENTE

Seguen a colear os orzamentos de 2010

30/07/2010

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amósase tranquilo tras o recurso contencioso administrativo presentado por tres funcionarios contra os orzamentos municipais de 2010, medida da que se enterou polos medios de comunicación. O rexedor está convencido de que "lles vai saír o tiro pola culata".

FOI PRESENTADO ESTA MAÑÁ NO CONCELLO

O CIM conta con blogue na rede

30/07/2010

O Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo xa conta con blogue na rede. Denomínase ribadeomuller.wordpress.com e nel as mulleres poderán atopar toda a información do seu interés e ademáis ofrécelles a posibilidade de deixar os seus comentarios.

DESPOIS DE 15 DÍAS AGARDANDO POLO SUBMINISTRO ELÉCTRICO

Mañá ábrese o ascensor panorámico

30/07/2010

O ascensor panorámico de Ribadeo comezará a funcionar mañá sábado, segundo anunciaba este mediodía o alcalde. Policía Municipal e Protección Civil encargaránse de abrilo polas mañás e de pechalo polas noites.

RIBADEO PRECISA APARCADOIROS DEFINITIVOS NAS CATEDRAIS

Peticións á Deputación

30/07/2010

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, agarda que despois do verán a Deputación acometa a ampliación da estrada da costa entre As Illas e Os Castros e poder contar o vindeiro ano cuns aparcadoiros definitivos na praia de As Catedrais.

Adeus a unha grúa

CON VENTO PODERÍA OCASIONAR UNHA DESGRACIA

Adeus a unha grúa

29/07/2010

O Concello ordea que se desmonte unha grúa que supoñía un perigo para a seguridade pública. Atopábase abandoada desde hai meses nunha obra sen rematar entre as rúas Ramón González e Doutor Moreda. Un guindastre móvil encárgase hoxe de realizar estes traballos e os operarios municipais achican a auga acumulada no solar. 

Rúa Deputación

AS OBRAS ENTRAN NA FASE FINAL

Rúa Deputación

27/07/2010

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amósase agradecido e satisfeito de que o Xacobeo cumpra cos compromisos adquiridos polo anterior goberno galego coa rúa Deputación. E agarda que segan os mesmos pasos o centro de día para enfermos de alzheimer e a nova gardería.





© 2008 Concello de Ribadeo