Ayuntamiento de Ribadeo


Imprimir Enviar

Novas

OS DOUS COLEXIOS RIBADENSES PARTICIPARÁN NESTE PROGRAMA

Astronomía

12/05/2014

O vindeiro mércores haberá unha observación astronómica no porto de Rinlo. A actividade está organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Ribadeo. Horacio Cupeiro tamén tildou de éxito o Xeolodía, celebrado o pasado sábado.

MAÑÁ COMEZA UNHA NOVA EDICIÓN DO REIBADEO DE TAPEO

Gastronomía en miniatura

09/05/2014

O alcalde, Fernando Suárez, subliña que o concurso gastronómico "Ribadeo de tapeo" será un importante elemento dinamizador do tecido económico do concello. A vila e as parroquias recibirán a milleiros de persoas ata o 18 de maio, que se achegarán a degustar as creacións en miniatura dos 48 establecementos hostaleiros que participan na novena edición desta cita.

COMEZARÁ O MÉRCORES, 14 DE MAIO, NA CASA DA XUVENTUDE

Risoterapia

09/05/2014

A vindeira semana da comezo a VIII edición dos Foros Permanentes para as Mulleres, que organizan o CIM e a Concellaría de Igualdade. A primeira actividade será un obradoiro de risoterapia.

SERÁN NA SEDE DA PROPIA ESCOLA

Audicións da EMMeD

08/05/2014

Nova queda de audicións da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. Serán do 12 ao 15 deste mes de maio e nas mesmas participarán diferentes especialidades que se imparten no centro.

HABERÁ DIVERSOS ACTOS CULTURAIS TAMÉN ESTES DÍAS

Chega o Ribadeo de tapeo

07/05/2014

Todo está listo en Ribadeo para a novena edición do concurso gastronómico "Ribadeo de tapeo", que terá lugar do 10 ao 18 de maio en 48 locais hostaleiros da vila e das parroquias. O evento foi presentado esta mañá no salón de plenos do Concello polo alcalde, Fernando Suárez, e pola concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez.

O PREZO DAS ENTRADAS SERÁ DE 8 E 15 EUROS

Deportes de contacto

06/05/2014

Ribadeo acollerá a primeira velada de deportes de contacto o vindeiro 17 de maio. Será no novo pavillón polideportivo municipal. Está organizada polo recén creado clube local Fusion Combat System e conta coa colaboración da Concellaría de Deportes de Ribadeo.





© 2008 Concello de Ribadeo