Ayuntamiento de Ribadeo


Imprimir Enviar

Novas

ESTE HOME PEGÓULLE A UNHA PERSOA MAIOR

Polémica cun indixente

09/03/2012

Os Servizos Sociais do Concello coordinaron esta mañá unha operación para remitir ao Hospital da Costa ao indixente que leva varias semanas vivindo nas rúas de Ribadeo. O obxectivo era que fose sometido a unha supervisión psiquiátrica. O alcalde, Fernando Suárez, amósase decepcionado como veciño, como persoa e mesmo como rexedor porque ás poucas horas este home xa estaba de novo en Ribadeo. Os médicos aseguraron que non ten patoloxía psiquiátrica algunha e que é decisión súa vivir como vive.

Suárez Barcia explicaba que "desde o Concello de Ribadeo, desde a Área de Servizos Sociais, xa levamos tempo tentando resolver ou paliar unha situación desagradable para quen a sufre, para quen a vive. Refírome a este indixente que está en Ribadeo desde hai unhas semanas con circunstancias ás veces pouco desaxables tanto para él como para a propia cidadanía".

O rexedor de Ribadeo dixo que "hoxe pola mañá, nunha actuación impecable e coordinada desde os Servizos Sociais do Concello xunto con servizos de saúde mental, coa Policía Local e coa Garda Civil, puidemos convencer a este indixente para que fose en ambulancia ao centro de saúde e posteriormente derivado ao hospital para a súa supervisión psiquiátrica. Me produce moita dor ver que de alí a unhas horas esa persoa xa estaba de volta en Ribadeo despois de pasar unha valoración psiquiátrica no hospital. Os servizos médicos din que esa persoa está orientada, que non ten ningunha patoloxía psiquiátrica e que é decisión persoal del vivir como vive e andar como anda".

Fernando Suárez sinalou que "eu como persoa, porque o alcalde de Ribadeo nin é psiquiatra nin sabe de medicina, estou francamente decepcionado e abraiado, ao igual que o goberno de Ribadeo e os Servizos Sociais do Concello por ver algo así, porque si esta persoa está no seu xuizo algo está a fallar neste sistema. É algo imposible e intolerable. Unha persoa no seu xuízo non está cun fedor impresionante, non lle pega a unha persoa maior como fixo este indixente hai uns días, unha persoa no seu xuizo non mexa por sí e non caga por sí, unha persoa no seu xuizo non cuspe á xente que lle pasa polo lado".

O alcalde engadiu que "desde o Concello por máis que intentamos levar adiante esta actuación coordinada con outros servizos vémonos na impotencia de non poder determinar o mellor para esta persoa e para a sociedade, porque hai que curar e hai que axudar aos que non se encontran ben, pero tamén temos que preservar unhas certas normas de convivencia que con esta persoa non se están dando". Fernando Suárez dixo "moi clariño e con moita serenidade que algo falla no sistema para que teñamos asentir como unha realidade rebelada que unha persoa nestas condicións estea en plenas facultades mentais sin que siquiera se someta a un tratamento psiquiátrico, ou estea en observación durante uns días. Estou profundamente decepcionado como veciño, como alcalde de Ribadeo, pero sobre todo como persoa".

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo