Ayuntamiento de Ribadeo


Imprimir Enviar

Novas

Foto Ribadeo eventos

A VINDEIRA SEMANA HABERÁ NOVAS XUNTANZAS

Ribadeo de eventos

08/03/2012

O alcalde, Fernando Suárez, avoga polo traballo en conxunto e vendo o turismo de Ribadeo coma unha empresa única. O rexedor fixo un balance positivo dos encontros sectoriais celebrados onte e anuncia unha nova xornada de traballo para o 14 de marzo co obxectivo de seguir afondando no proxecto "Ribadeo de eventos".

Suárez Barcia amosóuse satisfeito "por ver como na tarde de onte 30 establecementos acudiron a estas tres mesas sectoriais da iniciativa Ribadeo de eventos, entre restauración, empresas de ocio e hoteis, hostais… Alí acudiron ao lavadoiro dos fornos. Nós, xunto con esta xente que nos está a asesorar, queremos facer de Ribadeo un lugar atractivo de turismo, de eventos, de congresos, de reunións, etc, non só na época estival senón durante todo o ano. Hai unha expectativa positiva de moita desta xente e agora xa se empezou a traballar para configurar un paquete turístico".

O alcalde ribadense pensa que "estas xuntanzas serven tamén para empezar a cambiar os modos de actuar desde a individualidade a un traballo máis de conxunto e en rede, vendo o turismo de Ribadeo coma unha empresa única. Ribadeo é algo máis que unha suma de empresas deste tipo, Ribadeo é cultura, Ribadeo é historia, Ribadeo é enclave, é paisaxe, é ría de Ribadeo, é unha serie de condicións que o fan atractivo para que algunha empresa mediana que organice congresos ou eventos, e que queira darlles aos seus traballadores uns bonos de fin de semana para que poidan durmir, xantar ou un lugar onde reunírense". Fernando Suárez engadiu que "o Concello quere poñer no marco deste programa as súas infraestructuras ben sexa o auditorio, o local de reunións das asociacións ou o forte de San Damián para que se poidan utilizar e que redunde en que máis xente veña a Ribadeo, coma en Ribadeo, durma en Ribadeo e que disfrute de Ribadeo. Queremos así velar por estes sectores comerciais tan importantes que temos na nosa vila".

O rexedor dixo que "xa quedamos para unha nova xuntanza o mércores que ven, coa intención de que asisten non só os que xa estiveron, senón que está aberta a todos os demáis, axencias de viaxes, hoteis e restaurantes que non puideron vir,  para ir traballando nestas mesas microsectoriais e ir configurando entre todos a oferta adaptada aos recursos e aos axentes que temos neste territorio de Ribadeo".

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo