HOXE ANALIZÓUSE NA DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO
Fernando Suárez asistiu en Santiago a unha nova xuntanza en Patrimonio na que se analizou o Plan Xeral de Ordenación Municipal.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asistiu hoxe en Santiago a unha nova xuntanza celebrada na Dirección Xeral de Patrimonio sobre o PXOM. O rexedor foi convidado ao encontro no que participaron técnicos de Patrimonio, da empresa redactora do plan e o arquitecto municipal.
Tratóuse dunha nova reunión de traballo para analizar o informe emitido por Patrimonio sobre todas as correccións propostas para facerlle ao PXOM. Segundo o rexedor "a xuntanza enmárcase dentro da normalidade e dentro do calendario de traballo fixado pola Dirección Xeral de Patrimonio". Fernando Suárez dixo que "tamén se trata de dar cumprimento ao acordado na Comisión Informativa de Urbanismo de seguir a facer xestións desde Ribadeo para que o plan avance".

Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo

Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico

Promovemos a economía local e o emprego

Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello

Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións

Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo