Ayuntamiento de Ribadeo

Imprimir Enviar

Novas

Foto poligono Ribadeo

AÍNDA ESTÁ PENDENTE A CONSTRUCCIÓN DA SUBESTACIÓN

Luz para o polígono

13/02/2012

A Xunta concedeu autorización administrativa para a posta en marcha do subministro eléctrico transitorio para o polígono industrial de Ribadeo. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que se trata dunha boa noticia e que resolverá os problemas que estaban a sofrir que se están a instalar no parque empresarial.

O rexedor dixo que "afortunadamente este atranco que tiñamos aquí quedou resolto nestes últimos días, xa que a Xunta concedeu a autorización administrativa para a posta en marcha do subministro eléctrico transitorio para o polígono industrial de Ribadeo en tanto non estea a subestación eléctrica construida".

Suárez Barcia considera que "isto ven resolver este problema que tiñan unha serie de actividades productivas que se están a implantar no polígono industrial de Ribadeo, unha ducia aproximadamente, e nas que catro ou cinco están a piques de rematar as súas obras de construcción e aínda a día de hoxe non tiñamos subministro eléctrico definitivo. Agora xa non haberá ningún problema, incluso para as altas de instalación de telefonía nas que as propias compañías estaban pendentes desta autorización por parte de Begasa, que agora acaba de conseguir a través da Xunta".

O alcalde ribadense lembra e subliña que "isto non quita da importancia fundamental e final da construcción da subestación eléctrica e da liña de alta tensión, que no que é esta actuación estamos á espera da autorización definitiva por parte da Consellería de Industria. Confío tal e como nos indican desde a xefatura territorial que será en pouco tempo, en poucas semanas cando a teñamos. É unha boa noticia e despexa calquera dúbida a cerca a viabilidade do polígono".

+ Noticias


© 2008 Concello de Ribadeo